Home Programas Área Compostela Unidade fronte as “atrocidades” contra o medio ambiente

Unidade fronte as “atrocidades” contra o medio ambiente

0
Unidade fronte as “atrocidades” contra o medio ambiente

A Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre xa é unha realidade. Entidades veciñais de Compostela e a súa área presentaron diante dos medios de comunicación unha nova organización que xorde logo de varias conversas nas que descubriron puntos en común na súa loita polo medio ambiente na zona. Segundo explicou un dos seus voceiros, Leandro del Rio da Plataforma en Defensa da Comarca de Ordes, explicou a ambiciosa iniciativa.

“Nace cun sentido colectivo”, sinalou del Río, “a idea e evitar males maiores, males nocivos como o que están a acontecer no vertedoiro de Grixoa”.

Arquivo: Oito plataformas unen as súas forzas para dar unha resposta coordinada aos problemas ambientais da contorna de Compostela

Marco lexislativo

Na presentación, as entidades impulsoras da Plataforma esixiron unha mudanza das leis que, aseguran, “perxudican ao medio ambiente no rural e benefician a determinadas empresas”. As plataformas solicitan mudar varias leis como a de Xestión de Residuos Industriais ou a do Solo.

ArquivoAsí é o manifesto unitario “Esiximos respecto”

Plataformas participantes

Nesta Rede participan plataformas como a de Casalonga, Grixoa, a contraria aos eólicos na comarca de Ordes, contra a destilería de Rois, contra a mina de Frades, a Plataforma do Sar, contra o vertedoiro de Lesta e a da Mina Touro- O Pino Non. En total e, por agora, oito entidades que unen as súas forzas por unha causa común: plantar cara ás atrocidades contra o noso medio.

A rede anunciou varias iniciativas se as conversas mantidas a semana pasada coas diferentes formacións políticas con representación no Parlamento galego non dan resultado, e non descanratn presentar unha ILP para esixir estas mudanzas. A presentación á cidadanía desta Rede terá lugar o vindeiro 23 de outubro no Pazo de Faramello en Rois.