Minaría Non: Un intenso ano de loita contra a mina de Touro

Unha reportaxe audiovisual do colectivo Lentes Diverxentes

Compostela sitúase a cabalo entre as cuncas do Ulla e do Tambre, ríos gravemente agredidos e afectados. A poboación afectada supera os catrocentos mil habitantes repartidos en 51 concellos.

O proxecto de megaminaría en Touro e no Pino supón unha ameaza medioambiental para toda Galicia, e en particular para os veciños da comarca que levan décadas sufrindo as consecuencias de viviren a carón da mina actual. É unha ameaza para as persoas, para as súas terras e para a súa auga que chega ata a ría de Arousa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -