Sobre Nós
Nós Televisión é un medio de comunicación cun equipo humano formado por profesionais do ámbito audiovisual, xornalístico e da publicidade coa conciencia situada en Galicia
A única canle privada cunha aposta decidida pola lingua galega
Un espazo audiovisual para a maioría social, propio e centrado no país
Desde o xerme do proxecto puxemos en valor a idea de traballar dende abaixo e dende dentro, concibindo o medio como un altofalante para unha maioría social excluída polos grandes medios co albo de achegar á cidadanía unha información propia, diferente e de calidade
Valorizar o xornalismo, contar o mundo
Pretendemos sentar novos espazos en galego no mundo audiovisual e adaptalo ás tendencias actuais no sector. Temos por diante un importante reto: construír unha nova televisión nun proceso de plena transformación da televisión clásica, ademais da necesidade de dignificar e devolverlle o valor social ao xornalismo que atravesa unha crise de descrédito que afoga á verdade