En continuo avance desde o nacemento no 2013, Nós Televisión aposta día a día por mellorar a súa accesibilidade no panorama televisivo, entrando a cada paso en máis fogares e da man sempre de empresas con sentimento galego como sinal de identidade. Actualmente, podes sintonizar a nosa emisión ininterrumpida durante as 24 horas do día na canle 119 de R; e a través da plataforma +Media no servizo de televisión que ofrecen operadoras galegas como Toxo Telecom, A Túa Xanela, Juifi, Pizpireta Telecom, Rural Galego Conectado e Gigalia.
Tamén podes acceder a boa parte dos contidos audiovisuais que producimos a través da nosa canle de youtube, líder en persoas subscritas no panorama dos medios de comunicación galegos