NÓS TELEVISIÓN SL con domicilio social en Vía Edison 42, 1; Polígono do Tambre – 15890 Santiago de Compostela (A Coruña) con CIF B94074390 pon á disposición no seu sitio web https://www.nostelevision.gal determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.
As presentes condicións xerais rixen única e exclusivamente o uso do sitio web de NÓS TELEVISIÓN por parte dos USUARIOS OU USUARIAS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expoñenselle ao USUARIO OU USUARIA no sitio web www.nostelevision.gal en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO OU USUARIA introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, archive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO OU USUARIA introducir os seus datos de xeito efectivo sen que se produza esta aceptación.
O acceso ao sitio web de NÓS TELEVISIÓN e a aceptación das políticas de privacidade implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO ou USUARIA afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO ou USUARIA comprometese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respetar en todo momento as presentes condicións xerais.
1.- USUARIOS/AS
O acceso a e/ou uso do sitio web de https://www.nostelevision.gal, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reservas algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.
2.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS
O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido, o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
- Calquera vulneración dos dereitos de O TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
- A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
- Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/os usuarios/as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ao sitio web.
3.- MODIFICACIÓN UNILATERAL
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.
4. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:
- A falla dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
- A falla de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
- A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
- A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/os usuarios/as, dos contidos.
- O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
- A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/os usuarios/as no sitio web.
- O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do sitio web.
5. DURACIÓN
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para, interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.
A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.
6. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.
NÓS TELEVISIÓN, S.L e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No caso de que o Usuario/a teña o seu domicilio fóra de España,NÓS TELEVISIÓN, S.L e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela
USO DE COOKIES
O sitio web NÓS TELEVISIÓN SL pode utilizar cookies cando un USUARIO/A navega polos sitios e páxinas web do SITIO WEB. As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cun USUARIO/A anónimo e o seu computador e non proporcionan por si o nome e apelidos do USUARIO. Grazas ás cookies, resulta posible recoñecer aos/os USUARIOS/AS rexistrados despois de que estes se rexistren por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os datos identificativos de cada USUARIO son cifrados para maior seguridade.
De igual maneira, os nosos servidores web detectan de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo usuario/a. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etc.
O/a USUARIO/A ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o SITIO WEB, non resulta necesario que o/a USUARIO/A permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web, sen prexuízo de que en tal caso será necesario que o Usuario/a se rexistre como usuario de cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro.