Unir forzas para defender o noso medio: crean a ‘Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre’

Oito plataformas unen as súas forzas para dar unha resposta coordinada aos problemas ambientais da contorna de Compostela

Tras varios meses de traballo conxunto, decidiron unir as súas voces para dar unha resposta conxunta aos problemas ambientais que veñen denunciando durante os últimos anos. Oito plataformas da entorna de Compostela veñan de crear a ‘Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre’.

“A nosa terra morre”

Da Casalonga ata Touro, de Ordes ata o vertedoiro descontrolado de Miramontes. Moitos problemas ambientais similares entre si. Compostela está rodeado por proxectos perigosos e altamente contaminantes que, de ir adiante, poderían xerar graves danos sobre a saúde das persoas e no medio da nosa contorna.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O obxectivo desta nova plataforma unitaria é visibilizar a elevada concentración de problemáticas mediambientais da nosa contorna e recoller as necesidades de cada plataforma e as ideas e propostas de traballo conxunto. Para iso, xa convocaron un primeiro acto que terá lugar o vindeiro 23 de outubro no Pazo da Faramello (Rois) desde as 20:30h.

Oito plataformas

Trátase do primeiro acto da ‘Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre’ que, por agora, está conformada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, a Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Santiago-Miramontes, a Plataforma ‘Non aos parques eólicos da comarca de Ordes’, a Plataforma de afectados pola destilería de Cotimunde, a Comisión de seguimento da minaría e defensa do rural de Mesía-Frades, a Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta, a Plataforma pola Recuperación do Río Sar e a Plataforma contra a Mina de Touro

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -