Folga no sector dos elaborador do mar: “Queremos rematar cos salarios de miseria”

Paro total e protagonismo das mulleres no primeiro día dunha folga histórica no sector de elaborados do mar

As e os traballadores do sector dos produtos elaborados do mar están en folga desde esta pasada madrugada. “É unha folga histórica porque non se cinxe, tal e como algúns querían, á reclamación salarial, se non que é unha folga por dereitos, principalmente das mulleres” sinalan desde a CIG, a central maioritaria no sector.

Segundo o sindicato nacionalista, a xornada de folga de hoxe demostra que a patronal “debe rectificar” posto que o seguimento foi “total” en industrias da provincia de Pontevedra como Fandicosta, Numarsi, Mascato, Pereira ou Cabomar e que contou cunha “resposta magnífica” por parte do persoal.

Un convenio obsoleto

Hoxe, as mulleres plantaron cara

Desde o sector, altamente feminizado, presionan deste xeito despois da ruptura de negociacións coa patronal. Unhas sete mil persoas traballan neste sector en Galiza, un 80% mulleres, con salarios moi baixos e unha precarización en aumento. O convenio estatal de produtos elaborados do mar, que expirou en 2015, e é, tal e como denuncian desde os sindicatos, o peor de todo o ámbito da alimentación pois está “absolutamente obsoleto”.

É, en todo caso, a primeira folga que se fai no sector. Suso García, da CIG, resaltou que ata agora os empresarios xogaban coa precariedade e co medo malia que agora o sector “parece que espertou e petou na mesa”.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego