Nunha comparecencia diante dos medios de comunicación, a Secretaria Xeral de Podemos en Galicia amosou a súa posición ante a crise aberta no seo de En Marea polo documento aprobado por ampla maioría no seo de Compostela Aberta e no que se piden profundos cambios na dirección da organización dirixida por Luís Villares.
“Propostas moi positivas”
Vemos con moi bos ollos as propostas de Compostela Aberta
Desde Podemos saúdan a proposta de Compostela Aberta e ven con bos ollos a reconstrucción do chamado espazo político do cambio. “Hai que devolver o sentido cidadán á unidade popular en Galicia” afirmou no día de onte a voceira de Podemos e amosou con preocupación pola “conversión” de En Marea nun partido único: “Podemos Galicia sempre apostou por un espazo plural e non por un partido único”.
Deste xeito, ao apoio de Podemos de onte hai que sumar tamén o de Esquerda Unida e de Anova amosado ao longo dos últimos días e, ao mesmo tempo, a negativa por parte de Villares e da dirección de En Marea en asumir as propostas aprobadas en Compostela.