Home Programas Área Compostela Unha ampla maioría de Compostela Aberta aposta por “relanzar” En Marea

Unha ampla maioría de Compostela Aberta aposta por “relanzar” En Marea

0
Unha ampla maioría de Compostela Aberta aposta por “relanzar” En Marea
Asemblea ordinaria de Compostela Aberta

Compostela Aberta propón adiantar a renovación da “cúpula” de En Marea debido á “deriva negativa” da coordinadora que lidera Villares. Martiño Noriega afirmara onte ante as cámaras de Nós Televisión que este movemento pretende facilitar a “intermediación” de CA neste conflito.

A asemblea ordinaria de Compostela Aberta aprobou onte por ampla maioría o documento proposto pola Coordinadora e no que se propón constituír unha nova dirección para En Marea que sexa máis “representativa” e que permita xerar un espazo de traballo conxunto entre as mareas municipalistas e as organizacións e partidos que participan na chamada unidade popular.

Consideramos imprescindible o relanzamento do espazo galego da unidade popular e crear un espazo de traballo conxunto para as organizacións e mareas

A través deste documento, Compostela Aberta toma a iniciativa á hora de solicitar a creación dunha Mesa de Confluencia e de solicitar que se anticipe a nova elección do Consello das Mareas para evitar que o proceso poida solaparse coas vindeiras eleccións municipais.

Documento: Relanzar o espazo político galego da unidade popular