Home Programas Área Compostela O Apóstolo 2018 vibra coa voz das mulleres

O Apóstolo 2018 vibra coa voz das mulleres

0
O Apóstolo 2018 vibra coa voz das mulleres

As artistas femininas aínda fican, lamentabelmente, nun escuro segundo plano nos eventos musicais. En 2017, só un 15% da grella dos festivais de todo o Estado estaba destinado ás mulleres. O Concello de Santiago quere que o Apóstolo 2018 sente un precedente radicalmente diferente e, por iso, o vindeiro 19 de xullo haberá na praza 8 de marzo un concerto integramente feminino.

O escenario volverá ser a praza 8 de Marzo

A ‘Festa Territorio das Mulleres’ comezará ás 21.30 horas no emblemático espazo, e contará coa presenza de Rapariga DJ, Batuko Tabanka e Mounqup, unha artista que xa actuou este ano na cidade. A praza 8 de marzo ficará pequena, por terceiro ano consecutivo, vibrando coa voz das mulleres que pulan por unha igualdade real que se reflicta tamén no eido musical.

Traxe galego

Así e todo, o Goberno local presentou tamén as actividades que, durante as Festas do Apóstolo, porán en valor o traxe galego. Será o sábado 21 de xullo cando as rúas de Santiago se encherán de persoas ataviadas coa indumentaria tradicional, nunha das citas máis agardadas cada ano na programación dos festexos.