Home Programas Espazo Aberto O mutismo de Luís Villares nas redes sociais

O mutismo de Luís Villares nas redes sociais

0
O mutismo de Luís Villares nas redes sociais

A incerteza arredor da figura de Luís Villares marca a resaca electoral no seo do Grupo Parlamentario de En Marea. Sobre a mesa, o acordo sobre a súa destitución como voceiro no Cámara galega que adiantabamos en Nós Televisión. Pero aínda quedan por aclarar diversos interrogantes, algúns tan imprescindibles como o de cando e como se producirá ese relevo.

Ante as incógnitas, as redes sociais de Luís Villares permanecen en silencio. Pola contra, o ata de agora voceiro do grupo, si decidíu falar cos medios de comunicación e fíxoo para sinalar que a responsabilidade sobre a portavocía parlamentaria debe tomala a organización de En Marea e non as deputadas e deputados do grupo.

Hai apenas dous días, a deputada Luca Chao, solicitou ante as cámaras de Nós Televisión que se “asumiran as consecuencias” do que cualifica como “fracaso” logo de que En Marea conseguise un 1,08% de apoio nas eleccións xerais do pasado 28 de abril.