
A 38 edición da Feira do Libro reúne a máis dunha ducia de expositores en Compostela nunha semana marcada polo bo tempo e o 1º de maio. Ademais de ver e mercar libros, a xente está a desfrutar esta semana de Feira das moitas outras actividades: concertos, obradoiros ou actividades para os máis cativos.
Os editores que teñen os seus stands nesta Feira falan de forma positiva sobre a asistencia e participación da xente na edición deste ano. Dende o sector, persoas como Gonzalo Pérez, da librería Cartabón, Ismael Rivas, de Alvarellos Editora ou Xulio Amigo, de Galaxia, falan da boa asistencia que está a ter este ano a Feira e reflexionan sobre o futuro do libro.