Luís Villares deixará de ser o portavoz de En Marea na Cámara galega segundo decidíu na tarde deste martes o grupo parlamentario logo dos resultados das eleccións xerais na que apenas acadaron o 1% do apoio das persoas votantes.
Tras tomar esta decisión o grupo parlamentario fixo chegar aos medios a seguinte nota:
“A natureza de En Marea mudou nos últimos meses, pasando de ser un espazo común de confluencia de moitas persoas, organizacións políticas e mareas de base municipal para converterse nunha forza política con dinámicas propias. Este cambio de natureza púxose de total evidencia nas eleccións xerais pasadas nas que En Marea partido confrontou con En Común Unidas Podemos.
Este cambio de natureza do espazo político afecta directamente ao grupo parlamentario que loxicamente deixou de ser a representación institucional dese espazo de confluencia para ser un grupo parlamentario no que conviven catro forzas políticas ademais de persoas independentes.
Este cambio na natureza do grupo parlamentario fai necesario adaptar a voceiría a esa nova realidad e, porque non ten ningún sentido que unha persoa que dirixe un dos catro partidos, moi minoritario, sexa a persoa que actúe como voceiro único do grupo.
Por todo isto o grupo parlamentario de En Marea inicia unha reflexión colectiva para consensuar a fórmula concreta na que se vai materializar esta nova estrutura da voceiría”.