Home Programas Espazo Aberto O Grupo Común de Esquerda acusa á Xunta de “facilitar o negocio” das apostas

O Grupo Común de Esquerda acusa á Xunta de “facilitar o negocio” das apostas

0
O Grupo Común de Esquerda acusa á Xunta de “facilitar o negocio” das apostas

O Grupo Común da Esquerda anunciou que rexistrará unha nova Lei do Xogo en caso de que o PP “non cumpra a súa promesa de impedir a proliferación das casas de apostas”. A deputada Eva Solla recriminou que “lonxe de tomar medidas neste sentido, o único que fai o goberno do PP é mellorar as condicións para que se sigan implantando no noso país.”

Solla denunciou que estamos ante un problema de saúde pública e acusou á Xunta de “facilitar o negocio deste lobby empresarial”. Tamén recriminou á administración que siga dando licenzas autonómicas ás casas de apostas presenciais, xa que “non teñen licenza municipal”, como é o caso de Redondela. Alí, malia que o Concello rexeitou por unanimidade a casa de apostas e hai milleiros de alegacións presentadas, a Xunta non fixo nada. Hai unhas semanas falabamos coa Coordinadora Contra a Casa de Apostas de Redondela, que denunciaban que a Xunta “non fixo nada” e criticaban á resposta negativa de Rueda no Parlamento a unha pregunta do BNG (Por que se deu á licenza?): “Alfonso Rueda dixo que non ían facer nada porque era legal e mándalle a pelota ao concello, cando o concello o único que pode facer é paralizar a obra.”

Anteproxecto “insuficiente”

A Xunta presentaba en verán o anteproxecto dunha nova lei do xogo e creou unha comisión para valorala, onde ademais de diferentes consellerías e expertos, tamén está presente a patronal do sector. Ese anteproxecto é o motivo ao que administración aludiu para negar as propostas do Grupo Común de Esquerda e outros grupos de modificar a normativa de 1985.

O borrador da lei inclúe medidas como o control por máquinas B, máis restricións á publicidade, un observatorio e máis controis do acceso a menores. Con todo, desde Agalure (asociacións de ludópatas rehabilitados) e desde os movementos cidadáns contra a casa de apostas do país, a lei é “un parche” e a califican de “insuficiente”. A coordinadora de Redondela e Aposta Polo Teu Barrio mesmo abogan por prohibir as casas de apostas, entendéndoo como un problema de saúde pública.

Afondamos na problemática das apostas nesta reportaxe: ‘De xogo, nada’