O programa recolle tres espectáculos, os días 26, 27 e 28 de decembro. A primeira delas é un espectáculo de Títeres chamado ‘El Tesoro de la Barracuda’ da compañía A la sombrita: “O capitán Barracuda e os seus piratas contaranos historias de illas remotas, de tesouros que son libros e libros que son un tesouro, polo Caribe, atravesando tormentas, loitando contra bandidos, e durmindo baixo as estrelas”, explica a sinopse do espectáculo.
O venres 27 é a quenda de Elefante Elegante co espectáculo ‘Patapatúm’, gañador do Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil de 2019. Trata un tema moi actual e cotiá: “Agasallos de todas as formas e tamaños. O neno emocionado no medio de tantos xoguetes. E os adultos, ligados á espiral de tempo, cheos de compromisos e obrigas, non son quen de atopar un momento no seu apartado horario para compartir a fantasía co pequeno.”
O sábado 28 chega Magín Blanco con ‘A nena e o grilo máis aló’. É un espectáculo de música e teatro que comeza coa morte accidental da araña Xertrude, á que a nena e o grilo pretenden devolver á vida.