As votacións no Portal das Palabras da Real Academia Galega escolleron sentidiño como a palabra do ano en 2019, seguida de feminicidio e narcosubmarino.
Desde a RAG explican que “o aspecto máis interesante do termo é o papel do sufixo derivativo –iño, que neste caso non outorga á nova palabra o matiz habitual de máis pequeno senón o de ‘calidade de sensato‘, expresando con frecuencia tamén certa complicidade coa persoa coa que se fala.” Tamén o relacionan con outros termos de linguas próximas, coma o seny do catalán, o buonsenso italiano, o bon sens francés ou o bom senso portugués.
Cómpre destacar que agás a gañadora, o resto das verbas con máis apoios estaban vinculadas á actualidade (quecemento global, ecocidio e negociación). Ao seu favor, sentidiño ten tamén que malia ser un termo popular, é moi habitual velo empregado en novas narrativas contemporáneas, coma os memes.