De xogo, nada

Afondamos no auxe incontrolado das apostas presenciais e online en Galicia. Que supón para a cidadanía? Que fixeron as administracións para controlalo? Hai que regular ou cómpre botar as casas de apostas das vilas e barrios?

Falamos con mulleres de Redondela que ademais de participar nas ANPAS dos colexios das súas fillas e fillos, son activistas contra a casa de apostas que pretenden abrir na súa vila. Mobilizámonos co movemento asamblear Aposta Polo Teu Barrio de Compostela, que nos advirte dos perigos do mal chamado ‘xogo’ na xuventude e apostan por un ocio “popular e digno”. 

Tamén fomos ao Parlamento para facer preguntas aos grupos políticos e responsables da administración, falamos con expertos e estivemos no acto da patronal galega do ‘xogo’ presencial.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego