Home Espazo Aberto Feminismos “Non é só Luciano, é o reitorado”, entre os lemas da mobilización que esixiu a expulsión de Luciano Méndez

“Non é só Luciano, é o reitorado”, entre os lemas da mobilización que esixiu a expulsión de Luciano Méndez

0
“Non é só Luciano, é o reitorado”, entre os lemas da mobilización que esixiu a expulsión de Luciano Méndez

A mobilización, convocada por Resposta Feminista, iniciouse ás 12 horas deste xoves ante a reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, situada na praza do Obradoiro, para esixir a retirada inmediata da docencia do profesor da Facultade de Económicas Luciano Méndez.

A protesta social sucede despois de que Luciano Méndez volvera acosar con comentarios machistas a unha alumna. Ante isto, a USC suspendeuno das súas funcións mentres avalía que medida disciplinara adoptar. Cómpre ter en conta que a primeira vez que unha alumna denunciou acoso machista por parte de Méndez, a USC decidira sancionalo con dous meses sen emprego e soldo. Dende o colectivo Teteiros Ceives responsabiliza á USC de ter permitido estas agresións machistas por parte do profesor.