Home Programas Espazo Aberto Teteiros Ceives ante a misoxinia reiterada de Luciano Méndez: “A responsabilidade última recae sobre a USC”

Teteiros Ceives ante a misoxinia reiterada de Luciano Méndez: “A responsabilidade última recae sobre a USC”

0
Teteiros Ceives ante a misoxinia reiterada de Luciano Méndez: “A responsabilidade última recae sobre a USC”

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) volveu suspender das súas funcións a Luciano Méndez, docente na Facultade de Económicas, por realizar comentarios machistas en referencia ao escote dunha alumna. Non é a primeira vez que o denuncian por misóxino. Méndez xa realizara comentarios machistas en contra doutras alumnas e daquela, ante a presión do movemento feminista, a USC decidira sancionalo deixándoo dous meses sen emprego e soldo.

Teteiros Ceives ante as novas agresións de Luciano

Un dos colectivos feministas que escrachearan a Méndez é Teteiros Ceives. “Non é a primeira vez que Luciano amosa a súa misoxinia e ausencia de autocontrol, tanto dentro como fóra das aulas. Por iso, a responsabilidade última das súas agresións reiteradas recae sobre a USC, que a pesar de toda a súa retórica arredor da igualdade de xénero e a excelencia está expoñendo ao alumnado, especialmente ás alumnas. É intolerable que a USC ampare coa súa inacción estas agresións e o discurso de odio de Luciano Méndez, que como mínimo debería ter sido apartado da docencia xa desde o momento en que a primeira alumna agredida o denunciou. Por outra banda, queremos destacar a dignidade do alumnado que neste caso protestou contra o seu abuso de poder”.

Luciano Méndez é coñecido ademais por unha serie de vídeos colgados en redes sociais nos que apoiaba ‘La Manada’ e criticaba á vítima, a agresión física contra unha alumna nunha folga, a agresión física contra un home nun ximnasio e un enfrontamento contra a policía.