A construción da circunvalación de Carballo protagonizara o encontro entre a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde, Evencio Ferrero, o pasado mes de agosto. Tras o encontro, a Xunta comprometeuse a incluír esta obra nos orzamentos de 2020 contando cun investimento de 30 millóns de euros. Agora, coa proxecto de orzamentos nas mans, o alcalde nacionalista cualifica as previsións de “decepcionantes”. Para Evencio Ferrero, a circunvalación de Carballo, que leva pedíndose dende hai máis dunha década, “é urxente”.

Por que son decepcionantes este proxecto de orzamentos?
Dende o punto de vista das necesidades, a circunvalación de Carballo é urxente e segundo as previsións orzamentarias, no mellor dos casos, construiríamola a catro anos vista. Tampouco aparece ben definido onde comezaría a circunvalación. O empresariado do polígono industrial coincide con nós en que a circunvalación debe iniciarse sempre na saída do polígono cara Santiago, e non dende Coristanco cara Santiago.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Ten que deixarse definido e que se comece xa a circunvalación”

Dende o polígono hai moito movemento de tráfico pesado que está circulando pola vía urbana de Carballo e ten que transitar por unha zona escolar, co seu instituto, colexio e escola infantil, e tamén por unha zona deportiva que ten máis de 200.000 usos ao ano. Aquí estamos coincidindo o empresariado, os responsables educativos, os responsables deportivos e o equipo de goberno local. Entendemos que ten que deixarse definido e que se comece xa a circunvalación. Os prazos son determinantes e cómpre un compromiso decidido coas infraestruturas prioritarias.

Outra das prioidades que non está ben contemplada é a ampliación do polígono industrial. Sería moi dificultoso que unha gran empresa queira instalarse en Carballo non poida facelo por dispoñibilidade. Tamén existen figuras como o abastecemento de auga en Baldaio que figuraba nos orzamentos do 2009 e, dez anos despois, segue sen executarse.

Que peso ten a construción da circunvalación en Carballo?
Cada vez hai menos concellos da dimensións de Carballo que teña que soportar ese tráfico pesado polas rúas. Hai anos que deberían ter dado resposta.

Con este plan orzamentario, practicamente estarían atando ás mans do goberno local de Carballo?
Evidentemente, cos prazos que están establecidos, operativamente non estaría en servizo. Se a circunvalación de Carballo non é unha prioridade para a Xunta, moi pouco coñecemento do territorio ten. Estas demoras non teñen xustificación técnica.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -