A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos advirte da chegada dunha máquina perforadora á canteira de Casalonga, situada no concello coruñés de Teo, para realizar os buracos para as voladuras, segundo sostén o colectivo nas súas redes sociais. “Co baleirado da lagoa estase a producir unha grave contaminación biolóxica do río Tinto, e en consecuencia, do Sar e do Ulla. É o primeiro paso para destruir este hábitat que xurdiu de forma natural e conseguir convertelo nun vertedoiro”, denuncian.
Agora mesmo na canteira seguen… pic.twitter.com/nUiiTKmh7d
— plataformacasalongalimpaderesiduos (@imosfrealo) October 24, 2019
Ante o inicio do baleirado da lagoa, a Plataforma anunciou a súa intención de denunciar por un delito ambiental ao presidente de Augas de Galicia por ter autorizado este movemento. Ao inicios de semana, Adega tamén denunciaba o baleirado da lagoa ante o Seprona.