A entrada dun novo ano, con 365 días a estrear, adoita vir acompañada de boas intencións e propósitos de cambio. Para a Mesa da Normalización Lingüística, esa estrea do 2020 tamén pode vir da man de máis lingua, e por iso leva varios días publicando no seu twitter dez propósitos para animar ás galegas e galegos a recuperar a súa lingua.
Entre algúns dos propósitos que, baixo o hashtag #2020EnGalego, comparte a Mesa están o respectar aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais esixir que tamén as outras persoas respecten a túa, pedir que as administracións e as empresas falen en galego para que estea presente en todos os ámbitos, poñer en galego o móbil e redes sociais ou facerse subscritor de publicacións escritas en galego.
Paso 8⃣ Pide que as administracións e as empresas che escriban en galego por dereito, mais tamén para que o galego estea presente en todos os ámbitos. #2020EnGalego pic.twitter.com/rOvAOkF5fP
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) December 28, 2019
A Mesa tamén anima a usar o galego a aquelas persoas que aínda non son quen de facelo, tendo en conta a situación de emerxencia lingüística da que advirten colectivos sociais e o Consello de Europa.
Como punto positivo hai que recordar que os últimos datos do IGE amosaron un crecemento do uso do galego na escrita. Para Marcos Maceira, Presidente da Mesa, isto denota “vontade” por parte das galegas por reverter a grave situación da lingua, mais que precisa acompañamento da administración: “é preocupante que a sociedade teña que actuar en solitario para coidar a súa lingua.”
Nas redes, tamén foron moitas ás que se uniron á iniciativa #2020EnGalego e mesmo fixeron as súas propias propostas para o ano novo.
☝️Queres apoiar o idioma galego e non sabes como??
Segue o cancelo?#2020engalego, escolle algún dos 10 pasos (ou todos?) e fagamos avanzar o galego! ?— X.Cotelo (@XCotelo) December 28, 2019
E se no ano novo #2020EnGalego intentamos retomar no noso vocabulario polo menos 20 palabras q xa non se usan tanto @emgalego? Por ex: DELOURAR, CLAREAR a roupa, ESCOAR a comida, encher algo coa axuda do FUNIL, comer a CODIA e FRANGULLAS do pan. Entre todos podemos recuperalas!
— A nube neghra ?️? (@Talogho) December 29, 2019