Home Programas Espazo Aberto A Mesa valora o IGE: situación “moi preocupante” malia a “vontade social de rehabilitar a lingua”

A Mesa valora o IGE: situación “moi preocupante” malia a “vontade social de rehabilitar a lingua”

0
A Mesa valora o IGE: situación “moi preocupante” malia a “vontade social de rehabilitar a lingua”

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, considera “preocupante” o aumento de 8 puntos das menores de entre 5 e 14 anos que non falan case nada ou nada o galego xa que pasou do 16,3 en 2008 ao 23,9 en 2018. Para o presidente da Mesa é un dato “preocupante” que non ten precedentes na historia da lingua galega.

Outro dato que chamou a atención da Mesa é o das persoas que falan galego sempre ou máis que castelán no ámbito familiar, pero que mudan noutros ámbitos como ao ir ao médico ou noutros servizos fóra da casa. “É algo que non acontece con ningunha outra lingua ‘normal’; non lle pasa a alguén de Albacete ou Madrid”. Marcos Maceira lembrou tamén que A Mesa ofrece o servizo da Liña do Galego para denunciar a vulneración dos dereitos lingüísticos, algo que considera que tería que ser un servizo público promovido pola Xunta.

Como punto positivo o presidente da Mesa menciona o crecente uso do galego na escrita, que denota certa “conciencia” e “vontade” por reverter a grave situación da lingua, mais que precisa acompañamento da administración: “A crise do galego só se hai vontade social para rehabilitar a lingua. É preocupante que a sociedade teña que actuar en solitario para coidar a súa lingua.”