Ano novo, e con el, máis gastos. Ademais da subida derivada do aumento no 0,9% do IPC, as peaxes en Galicia subirán unha vez máis.
As peaxes da AP-9 suben un 2,69% en 2020, despois de que o Ministerio de Fomento aprobase a actualización das autoestradas dependentes do Estado. Desde AUDASA, xustifican a subida extra da AP-9 polas obras de ampliación da circunvalación de Compostela e na Ponte de Rande, ademais da bonificación do tramo Vigo-Pontevedra que remata en xaneiro.
Deste xeito, os prezos dalgúns traxectos para turismos serán:
- A Coruña – Santiago: 6,90€
- A Coruña – Vigo: 16,85€
- Santiago – Pontevedra: 5,95€
- Fene – Cabanas: 0,90 €
- Ferrol – Tui: 22,20€
As autoestradas autonómicas A Coruña-Carballo (AG-55) e Val Miñor (AG-57) manteñen as súas tarifas para turismos.
“Xa pagamos dabondo”
A AP-9 É UNHA MINA para a concesionaria e para o Estado, e unha ESTAFA para os galegos e galegas que pagamos as peaxes e para os concellos por onde pasa esta autoestrada. Así son AS CONTAS DUN ESPOLIO que gozan co beneplácito de PP e PSOE. #AP9GalegaESenPeaxes pic.twitter.com/YLuGTpithS
— BNG (@obloque) December 30, 2019
Luis Bará, deputado do Bloque Nacionalista Galego, adxuntaba as probas do “espolio da AP9”, onde critica entre outras cousas, os “563 millóns de beneficios netos para a concesionaria.” Desde os grupos parlamentarios galegos vense denunciando nos últimos anos unha subida “abusiva” dos prezos das peaxes.