
“A BBC despediu a un locutor por facer mofa da casa real británica nun tweet. Ás veces cando falamos de liberdades, de dereitos, de censuras; algo que escoitamos aquí nos últimos tempos, penso que é necesario ollar para o noso redor para darnos conta de que nin moito menos sucede na CRTVG, a día de hoxe.”
Ese foi o argumento co que o Director Xeral da CRTVG se defendía en Comisión Parlamentaria das críticas pola falta de liberdade nos medios públicos galegos. Máis esqueceu poñer en contexto o caso da BBC: No pasado mes de maio o Príncipe Harry tivo un fillo con Meghan Markle, filla dunha muller de orixe africano. Markle convertiuse segundo os tabloides ingleses na “primeira princesa mestiza”.
Cando Markle e Harry tiveron o fillo, o locutor Danny Baker da BBC Radio 5 chiou a seguinte imaxe:
A A BBC considerou racista o tweet e o locutor foi despedido, acusado de “burlarse do patrimonio racial da duquesa”. Malia o discutible da decisión da BBC, a situación ten pouco que ver co que acontece na CRTVG, onde as traballadoras levan máis de ano e medio defendendo os medios públicos.
Nas súas redes, Defende a Galega ía máis alá e cuestionaba se Sánchez Izquierdo as palabras de Sánchez Izquierdo no Parlamento. “O DX da CRTVG amósase moi preocupado polo uso das redes sociais. Tanto, que asegura que o debate actual se centra na restrición (=na censura) do uso das redes por parte dos profesionais dos medios públicos. Hoxe, di, iso non sucede na CRTVG. Ameaza con que vaia suceder mañá?”