Home Programas Área Compostela Xulio Ferreiro: “A Fiscalía confirma o que sempre dixemos: non houbo corrupción na compra de pisos sociais por parte do Concello da Coruña”

Xulio Ferreiro: “A Fiscalía confirma o que sempre dixemos: non houbo corrupción na compra de pisos sociais por parte do Concello da Coruña”

0
Xulio Ferreiro: “A Fiscalía confirma o que sempre dixemos: non houbo corrupción na compra de pisos sociais por parte do Concello da Coruña”

Ante as cámaras de Nós Televisión, o alcalde da Coruña manifestou a súa satisfacción pola decisión da Fiscalía. “Veu confirmar o que nós sempre dixemos, que unha cousa é que poidan existir erros nun expediente administrativo e outra moi distinta que exista un caso de corrupción”, sinalou o rexedor coruñés. Así, Xulio Ferreiro reclamou hoxe que a portavoz do Partido Popular da Coruña pida “desculpas” por enganar á cidadanía

Segundo explica a Fiscalía non existen datos que fagan pensar na connivencia na comisión de valoración municipal dos seus compoñentes cos denunciados. Ademais sinalan malia a “urxencia no outorgamento das escrituras non pechou a posibilidade de impugnar as resolucións”. Ademais, a Xustiza investiga agora unha actuación previa do goberno do Partido Popular e o Goberno Local esixe agora que os populares expliquen o cambio de uso do cuestionado piso.