Home Programas Espazo Aberto Valentín García: “Non hai conflito lingüístico ningún”

Valentín García: “Non hai conflito lingüístico ningún”

0
Valentín García: “Non hai conflito lingüístico ningún”

O secretario xeral de Política Lingüística recibiu esta mañá a un grupo de profesoras e profesores de Escocia e da Bretaña que se atopan en Galicia nunha viaxe de estudos. Na súa recepción oficial, Valentín García explicoulles o traballo realizado polo Centro Ramón Piñeiro e  tamén a actual situación do galego, que cualificou de “totalmente harmónica”, facendo fincapé en que “non hai ningún conflito lingüístico” no noso país. Sobre o galego nos ámbitos educativo e cultural, considera que o galego “é a lingua predominante”.

Preguntado por un dos asistentes sobre o sentimento nacional galego, Valentín García salientou que existen menos prexuízos cara a lingua que en tempos anteriores e que agora o galego é “o idioma da cultura” ou “da ciencia”, se ben noutros ámbitos, coma o xurídico, a situación non é tan boa.

O secretario xeral de Política Lingüística gabouse tamén das dúas canles da TVG, “integramente en galego e con produción en Galicia”,  e da Radio Galega. Ao tempo, recoñeceu as eivas do galego nos medios máis lidos da prensa en papel, maioritariamente en castelán, que reciben cada ano axudas millonarias e publicidade institucional da Xunta.