Home Programas Espazo Aberto O Concello de Vigo decidirá este luns se recorre a sentenza que lle devolve o dereito ao descanso aos bombeiros

O Concello de Vigo decidirá este luns se recorre a sentenza que lle devolve o dereito ao descanso aos bombeiros

0
O Concello de Vigo decidirá este luns se recorre a sentenza que lle devolve o dereito ao descanso aos bombeiros

O Concello de Vigo terá que decidir este luns se recorre a sentenza que o xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo botou abaixo o decreto co que o goberno local procuraba manter o número de efectivos mínimos no servizo de bombeiros municipal alterando o dereito ao descanso das e dos traballadores.

No dictame, a xuíza entendeu que o Concello incumpría coa normativa sobre os tempos de traballo, as horas extraordinarias, a prevención de riscos laborais ou mesmo o dereito á conciliación. Tamén sinalou que a orde foi importa unilateralmente e o elevado perigo que supuña para a vida dos traballadores. O sindicato CUT responsabilizou directamente ao alcalde Abel Caballero deste decreto froito “dunha decisión política”.