Home Programas Espazo Aberto A Galiza baleirada: así foron as xornadas da rede Revolta de grupos de investigación

A Galiza baleirada: así foron as xornadas da rede Revolta de grupos de investigación

0
A Galiza baleirada: así foron as xornadas da rede Revolta de grupos de investigación

O grupo de investigación RedeRevolta, á que pertencen as Universidades de Compostela e Vigo, popularizou a través dun vídeo a xornada que se celebrou o 27 de setembro en Viana do Bolo arredor da Galiza Baleirada. “Só un número moi pequeno de concellos, moi próximo a zonas urbanas, teñen unha taxa de crecemento vexetativo positivo. Isto indica que non só as actividades agrarias fan que as familias decidan ter fillas/os, senón que é a proximidade a zonar urbanas, a oportunidade de emprego en sectores diferentes aos empregos rurais. Isto deberianos facer pensar”, sostén o profesor de Economía Aplicada da UVigo, Xavier Simón.

A profesora da mesma materia na USC, Marta Pérez Frá reflexiona sobre unha afenda aberta sobre a construción de Galicia. “Por un lado, as declaracións de obxetivos. Fixar poboación, rexuvenecer a poboación e xerar renda. E, por outro lado, está o que estamos dispostas como sociedade a dedicar a conseguir eses obxetivos. E unha e outra cousa non teñen nada que ver”.