Home Programas Área Compostela Unha sentada na Universidade reivindica o feminismo nas aulas

Unha sentada na Universidade reivindica o feminismo nas aulas

0
Unha sentada na Universidade reivindica o feminismo nas aulas

O labor das mulleres debe aparecer nos plans docentes, todos os graos universitarios dende ter asignaturas relacionadas co xénero e a Universidade ten que dispensar produtos de hixiene feminina de forma gratuíta. Estas son algunhas das reivindicacións do partido ficticio ‘Anti Publi Publi Club’ co que un grupo de estudantes aspira a gañar as eleccións organizadas dentro da clase de Publicidade e Relacións Públicas impartida na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Para facer chegar o seu programa electoral ficticio, realizaron unha sentada feminista na Universidade e están organizando unha clase de autodefensa para mulleres. Uns pasos cos que agardan concienciar e sensibilizar ao estudantado e profesorado sobre a necesidade do feminismo nas aulas.