A Domus da Coruña acolle a mostra ‘Mulleres negras que cambiaron o mundo’ ata o 22 de abril. A exposición é unha iniciativa municipal da Concellaría de Igualdade e Diversidade que se apoia no traballo da artista Zinthia Álvarez, autora do traballo ‘Mulleres negras na ciencia’.
Álvarez, que é unha das fundadoras do colectivo Afrogalegas, reivindica a visibilidade e memoria das mulleres negras na historia. Tanto a súa obra como a exposición, poderán achegar ao público a vida e labor de científicas como Kimberly Bryant, Gloria Twine Chisum ou Christine Darden, entre outras.