Home Programas Espazo Aberto A CIG sae ás rúas de Compostela para defender o sector industrial galego

A CIG sae ás rúas de Compostela para defender o sector industrial galego

0
A CIG sae ás rúas de Compostela para defender o sector industrial galego

Nunha mobilización, o sindicato CIG percorreu as rúas de Santiago para loitar por unha mellora no sector industrial galego. A manifestación, que arrincaba da facultade de Dereito e remataba na Xunta, tivo unha multitudinaria asistencia.

Un dos grandes problemas que afronta actualmente a industria en Galicia é a perda de peso do sector na economía do país que pasou de representar un terzo a quedar no 25% . Os motivos: a deslocalización de empresas do sector do automóbil nas provincias de Ourense e Pontevedra cara o norte de África e Portugal; a situación do sector das electrointensivas (sendo Alcoa ou Ferroatlántica as máis prexudicadas); e a situación do sector naval das comarcas de Ferrol e Vigo.

Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional da CIG-Industria, alerta de que “sen industria non hai futuro” xa que é un sector que xera riqueza e postos de traballo de calidade. Tamén acusa á Xunta de non buscar solucións e de limparse as mans botándolle as culpas ao Estado.