Tras elixir as mellores cancións galega e portuguesa, agora é o momento de escoller as mellores poesías. A xente poderá votar na web do certame e elixir unha poesía en galego e outra en portugués de entre as dez poesías nomeadas en ambos idiomas.
Sobre aRi[t]mar
Este certame, que xa vai pola súa cuarta edición, ten como obxectivo difundir as culturas galegas e portuguesas e unilas ao mesmo tempo. Trátase dun proxecto didáctico-cultural promovido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e pertencente á Consellaría de Cultura.
Cada ano danse dous premios: un de música e outro de poesía. As votacións para a música xa remataron, resultando gañadoras as Tanxugueiras coa canción Que non mo neguen, e Os Azeitonas co tema Efeito do Observador. Agora é a quenda das votacións para as cancións.