A combinación do ecoloxismo e do feminismo supón unha fenda ao discurso neoliberal que cosifica á muller e a natureza, traendo consigo un novo relato de como atender ao presente, así como abre unha nova xanela na que comezar a construir pontes que procuren outros mundos nos que diluir as desigualdades contemporáneas.
Inicio Víchelo?
Unha ollada á Xornada Ecofeminismos e Rural
A rede REVOLTA, composta por oito grupos de investigación ao redor da agroecoloxía, organizou o 15 de marzo no Cárcere Vello de Lugo a Xornada Ecofeminismos e o Rural co que pensar en aberto unha axenda de investigación.