En só dúas xornadas, a I Deseucaliptización Simultánea conseguiu eliminar máis de 205.000 eucaliptos e acacias dos montes galegos. A perigosidade destas especies invasoras está máis que demostrada, e aínda así son as asociacións de ecoloxistas e a cidadanía voluntaria os que toman cartas no asunto. Como nos explica un dos participantes, Xoán Manuel Pérez, un dos participantes,  as “brigadas facilitan un medio” que  “da pé á participación social”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Neste eido, a diferencia entre o que é un bosque e unha plantación forestal é vital para comprender os verdadeiros efectos de ter tanto espazo adicado ao monocultivo do eucalipto. Como explica outro dos voluntarios e contratado predoutoral na Facultade de Xeografía da USC Diego Cidrás, “as plantacións de eucaliptos carecen dunha biodiversidade máis ou menos rica” porque en Galicia “carecemos de invertebrados que poidan comer a súa folla“.

Incendios e eucaliptos

Os incendios que ciclicamente azoutan Galicia son unha das caras máis polémicas da proliferación descontrolada de especies invasoras. Como explica, Diego Cidrás, “comparando unha fotografia aérea onde houbo o incendio onte en Dodro do ano 56 co ano 2018, vese moi claramente como os usos asociados á agricultura decaeron a favor de usos forestais exclusivamente de eucalipto”, o que “habilita que os incendios poidan avanzar con maior facilidade e que atacalos sexa moito máis difícil”.

A iniciativa das Brigadas Desucaliptizadoras, que naceu fai un ano da man de Verdegaia, estan a recibir moita atención este ano. A I Deseucaliptización Simultánea xa contou coa colaboración duns 20 colectivos baixo a chamada da plataforma en prol do bosque autóctono galego, Cousa de Raíces. ADEGA, Amigos da Terra, a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, asociacións de Froxán, Tourón, Teis, Carracedo, Ponteareas…, son só algúns dos participantes que simultaneamente actuaron en 11 localidades.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -