Que importa máis, a seguridade pública ou o dereito á intimidade? Co recente aumento da videovixiancia no Casco Histórico de Compostela tras as agresións ao Patrimonio, é un debate de actualidade sobre o que dende Nós Televisión quixemos conversar con David Soto, membro do Observatorio Para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, máis coñecido como Esculca.
“É sano limitar o poder que poida ter o Estado para vixiarnos e controlarnos”, comenta Soto. Á vista está botándolle unha ollada ao pasado, que os estados fácilmente se poden converter en réximes controladores, “e cando estamos totalmente vixiados corremos o risco de quedar á intemperie“, explica. O tempos cambian, pero non deixa de ser un motivo polo cal “as limitacións dos Dereitos Fundamentais non se poden facer á lixeira”.
Que hai que protexer o Patrimonio está claro, pero como expón David Soto, “hai que facer un balance entre a seguridade e o dereito á privacidade“, un debate que se está dando entre as Administracións estes días. Soto comenta que el “non diría que máis cámaras sexan máis efectivas”, así como que “non se deberían abordar problemas complexos coma este só dende a perspectiva de sancionar e poñer máis vixiancia”.