Home Programas Espazo Aberto Un informe do Defensor del Pueblo ve graves problemas para reabrir a mina de Touro

Un informe do Defensor del Pueblo ve graves problemas para reabrir a mina de Touro

0
Un informe do Defensor del Pueblo ve graves problemas para reabrir a mina de Touro

Un informe do Defensor del Pueblo cuestiona seriamente a posibilidade de reabrir a mina de Touro. A Asociación Tralapena difundíu este documento no que recomenda á Xunta de Galicia unha nova tramitación medioambiental, novos informes de Augas de Galicia e que se restauren os terreos antes dunha nova concesión.

O informe do Defensor emite o informe despois dunha queixa veciñal. O documento analiza ao longo de sete puntos toda a documentación remitida dende a Consellería de Economía. Para o deputado de En Marea, Antón Sánchez,  “o informe do Defensor del Pueblo amósanos unha vez máis a tolerancia e a connivencia da Xunta coa empresa mineira e coa contaminación producida nos últimos anos dende o peche da antiga mina de Touro, a falta de vixilancia e de sancións. A actitude do Executivo autonómico foi, para o vicevoceiro parlamentario de En Marea, a de “mirar cara a outro lado” mentres a empresa mineira contaminaba.