Home Programas Espazo Aberto Transporte público de balde en Ferrol para celebrar o “Día sen coches”

Transporte público de balde en Ferrol para celebrar o “Día sen coches”

0
Transporte público de balde en Ferrol para celebrar o “Día sen coches”
Plano do Barrio da Magdalena peonil

O goberno municipal de Ferrol quere promover o transporte público e que mellor maneira que facilitar o seu uso a través dunha xornada gratuíta. Durante todo o día 21 de setembro as liñas de bus forob gratuítas para a veciñanza.

Tamén o foron as liñas de bus urbanas que conectan Ferrol con Narón e Neda, e os traxectos que cobren a zona rural en todas as rutas e horarios concesionadas as dúas empresas que realizan o servizo no noso concello: Monbús e Tranvías Ferrol.

Este acción transversal implica a distintas áreas nesta Semana Europea da Mobilidade 2018 que segue o lema ‘Combina e Móbete’, nun guiño ao Plan MoB.

Magdalena peonil

Outra das propostas para celebrar a Semana Europea da Mobilidade en Ferrol terá como protagonista o barrio da Magdalena. Desde o venres 21 ás 15 horas ate a noite do domingo 23 no perímetro delimitado e debidamente sinalado pola Policía Local entre as rúas Igrexa e Sol, Arce e Lugo.

Habilítanse outras dúas vías de subida por Rubalcava, onde se ubicará a parada dos taxis a carón da igrexa do Carme, e de baixada pola rúa Coruña. Permitirase o acceso a residentes, carga e descarga e vehículos de servizo e, ademais, haberá un reforzo de axentes a pé de rúa para informar en todo momento a veciñanza.

“A rúa é túa”

O concello convoca por primeira vez o concurso “A Rúa é Túa”, aberto a participación de todas as entidades debidamente rexistradas no Concello para promover a ocupación de espazos públicos na fin de semana do 22 ao 23 de setembro, que leva aparellados importantes premios que se traducen en investimentos no barrio gañador.

As tres mellores propostas poden acadar premios de 20.000, 10.000 e 5.000 euros para financiar investimento elixido pola entidade gañadora e que executará o Concello para a mellora do entorno. Vanse desenvolver entre o sábado 22 e o domingo 23. O fallo do xurado de A Rúa e Túa darase a coñecer a última semana deste mes.

O sábado 22 e o domingo 23 de setembro tamén haberá numerosas actividades como un concerto da Banda Municipal, xadrez, a II edición da Carreira sobre Rodas, a Marcha ciclista e varios roteiros pola cidade.