Entender a mobilidade desde unha óptica femnista

Dentro das actividades da semana europea da mobilidade destaca a componente feminista

Continúan as presentacións de actividades con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade que, este ano, desde o Concello de Santiago queren ofrecer especial atención a re-pensar a mobilidade desde unha óptica feminista. E precisamente sobre isto presentaron no Paxo de Raxoi na mañá as principais actividades organizadas.

En termos de mobilidade, as grandes cidades exclúen ás persoas e, en especial, ás mulleres

Mobilidade e espazo público desde unha mirada de xénero. Tanto a edil de igualdade, Marta Lois, como o de Mobilidade, Jorge Duarte, destacaron que dentro do calendario de actividades destaca a aposta pola transversalidade e ofrecer unha visión da mobilidade e do espazo público desde unha mirada de xénero e. por iso, resaltaron que é necesario seguir entendendo a mobilidade da cidade por e para as mulleres.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Trátase, tal e como apuntou Marta Lois, de “introducir o concepto de xustiza de xénero no marco do espazo, porque o urbanismo adoita traballar con datos a grande escala sen pararse nas necesidades particulares”

Consulta o programa premendo na imaxe
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -