Apoio de Noriega ao Goberno da Coruña: “Xulio Ferreiro recoñeceu que houbo erros”

O alcalde compostelán resaltou que existe un "proceso de enmenda" na Coruña

Na mañá de hoxe, Martiño Noriega amosou o seu apoio ao alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como tamén ao conxunto da Marea Atlántica, trala polémica suscitada pola anulación da compra de dous pisos para alugueiro social na cidade e de que dimitira a xefa do Servizo de Vivenda e Rehabilitación do Concello.

Noriega quixo realizar unha “valoración positiva” da posición de Xulio Ferreiro, xa que “recoñece que houbo erros” e, en especial, do escrito presentado ao longo da semana polo alcalde coruñés no que pedía desculpas polo caso e respaldaba aos concelleiros afectados ante as peticións de dimisións e ceses por parte da oposición. O alcalde de Santiago quixo evidenciar que o clima electoral “tamén o condiciona todo”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -