Home Programas Espazo Aberto “Sumar por Galiza”: así é a aposta do BNG para o vindeiro 25 de xullo

“Sumar por Galiza”: así é a aposta do BNG para o vindeiro 25 de xullo

0
“Sumar por Galiza”: así é a aposta do BNG para o vindeiro 25 de xullo

Baixo o lema “Sumar por Galiza”, o BNG convida a participar na manifestación do Día da Patria que se celebrará en Compostela o vindeiro 25 de xullo. A voceira nacional da formación, Ana Pontón, presentou a campaña este mércores acompañada por Lois Diéguez, histórico militante nacionalista, e María Alonso, moza militante do nacionalismo.

Lois Diéguez: “Aqueles anos foron o inicio da consolidación dunha idea dinámica de país”

Este ano conmemórase o 50 aniversario da primeira manifestación polo Día da Patria durante a ditadura. Aquelo aconteceu en 1968, e a policía cargou contra as e os manifestantes que, ano tras ano, seguiron loitando por “conquistar” a praza da Quintana cada 25 de xullo, algo que non se lograría até 1983. Lois Diéguez aínda lembra como eran aqueles anos de represión.

O tempo pasou e o contexto actual é ben distinto ao da década dos 60, mais, como apunta Ana Pontón, “a idea é a mesma”. Medio século despois, o nacionalismo segue a significar a “esperanza de mudar a mellor” e aproveitar as potencialidades dun país no que “falla o actual Goberno”. Na manifestación deste ano haberá caras coñecidas, mais tamén outras novas que abrazan a causa que defende o nacionalismo galego, como é o caso da propia María Alonso.