Xa se coñecen as gañadoras da terceira edición do concurso Fotolingua, un certame que premia ás fotografías que reflicten aos establecementos comerciais da cidade que empregan o galego. Desta volta, a imaxe máis valorada nas redes sociais foi a de Rocío Martínez, quen se decantou polo escaparate da tenda de agasallos Mononoke, no barrio de San Pedro.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visitou hoxe os establecementos fotografados e salientou o “alto impacto” deste concurso na súa terceira edición. Presentáronse 300 fotografías que superaron as 6.000 visualizacións e provocaron máis de 4.000 interaccións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Cada vez son máis os establecementos comerciais que apostan por utilizar o galego, conscientes de que é un valor engadido para o negocio

Trátase dun concurso para por en valor os establecementos comerciais que utilizan o galego

Así e todo, dende a organización do certame decidiuse premiar a imaxe publicada en Facebook por Ana Arceo, unha instantánea que reflicte o emprego da lingua na lavandería Rodela. O departamento de Lingua do Concello, organizador do evento, quixo tamén salientar a dedicación dos concursantes Xaime Varela e Rafael Rodríguez.

As imaxes premiadas

Na terceira edición do concurso Fotolingua presentáronse 300 imaxes únicas de establecementos de Santiago que utilizan o galego nas súas comunicacións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -