Rosario Álvarez proponse incrementar a “representatividade” do Consello da Cultura

A catedrática de Filoloxía Galega tomou posesión este mércores como presidenta da institución

O Consello da Cultura Galega terá, por vez primeira, a unha muller na presidencia. A institución que noutrora dirixiron Ramón Piñeiro, Xosé Filgueira Valverde ou Carlos Casares entrega os mandos a Rosario Álvarez, catedrática de Filoloxía Galega. Álvarez proponse diferentes retos para o seu mandato, coma o de “explotar ao máximo a representatividade” do Consello.

Rosario Álvarez tomou hoxe posesión como presidenta do CCG

No acto da súa toma de posesión participou o xa expresidente do Consello, Ramón Villares, quen desexou boa sorte á nova líder, a quen considera unha persoa con “grande experiencia” e a “formación axeitada”. Villares cre que á institución quédanlle por diante “moitos días de gloria”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o da Coruña, Xulio Ferreiro; ou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, foron algunhas das personalidades que asistiron ao comezo dunha nova etapa no Consello da Cultura.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -