Home Programas Espazo Aberto Sobe a preocupación entre os produtores de carne de vacún pola caída dos prezos en orixe

Sobe a preocupación entre os produtores de carne de vacún pola caída dos prezos en orixe

0
Sobe a preocupación entre os produtores de carne de vacún pola caída dos prezos en orixe

O sindicato Unións Agrarias advirte da preocupación que se está a dar entre os produtores e produtoras de carne de vacún pola caída dos prezos en orixe, pese a que a comercialización nas grandes superficios continúa cunha forte demanda. O secretario xeral da central, Roberto García, tamén apunta á caída de cotizacións en Galiza na agricultura de invernadoiro, tanto flor ornamental como horta, e no viñedo onde se aprecia unha baixa motivada pola peche da restauración.

Roberto García trasladou estas preocupacións ao conselleiro de Medio Rural quen anunciou que vai flexibilizar a tramitación de axudas que requiran un acta previa, sobre todo no caso das reestructuración de viñedos que se viran paralizadas, pola falta de levantamentos de actas por parte dos inspectores da Xunta. A partir de agora, poderase realizar cunha declaración xurada dos perceptores e unha reportaxe fotográfica para dar testemuña do inicio das reformas.

A maiores, e segundo informa o sindicato, UUAA fíxolle fincapé ao conselleiro do Medio Rural na necesidade de promover o consumo de produtos de proximidade para evitar as caídas de prezos nas granxas galegas e sobre todo a vixilancia das ofertas de produtos reclamo que nos días se teñen denunciado pola organizacións agraria.