Home Programas Espazo Aberto Carvalho Calero, unha homenaxe aínda pendente

Carvalho Calero, unha homenaxe aínda pendente

0
Carvalho Calero, unha homenaxe aínda pendente

Cabería a posibilidade de homenaxear a Ricardo Carvalho Calero, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, ao 2021? O presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, reflexiona sobre a pertinencia desta proposta debido ao confinamento deste último mes e o que aínda podería quedar. “A principal lóxica desa decisión sería que a figura de Carvalho Calero puidera abordarse con calma no ensino”, destaca ante a cámara de Nós Televisión.

O confinamento, iniciado no mes de marzo e que transcorrerá canto menos até o 26 de abril, suspendeu as actividade docente e cultural. Tras isto, múltiples figuras do sector cultural e lingüístico do país solicitan o adiamento das homenaxes a Ricardo Carvalho Calero para o vindeiro ano 2021.