Home Programas Espazo Aberto “Este Xoves Santo non vaias comprar aos supermercados por solidariedade coas traballadoras do sector”

“Este Xoves Santo non vaias comprar aos supermercados por solidariedade coas traballadoras do sector”

0
“Este Xoves Santo non vaias comprar aos supermercados por solidariedade coas traballadoras do sector”

A Confederación Intersindical Galega (CIG) fai un chamado a todas as persoas a non consumir neste Xoves Santo en ningún supermercado ou superficie comercial polo dereito a descanso das traballadoras e traballadores do sector da alimentación. Carmiña Navieiro e Lucía Freire, ambas da CIG-Servizos Compostela, explican ante a cámara de Nós Televisión a situación que atravesan as traballadoras dos supermercados ante esta crise social e sanitaria.

As sindicalistas relatan que en establecementos como o DIA, GADIS ou EROSKI “non se adoptan medidas para previr os contaxios”. Colocan exemplos e apuntan que esta información é coñecida pola Inspección de Traballo, a Consellería de Sanidade e a Subdelegación do Goberno central. “O desleixo da cadea de alimentación é superior ao do resto de sector”. Que está sucedendo? Como se atopan as traballadoras e como sairá o sector desta crise? Navieiro e Freire ofrecen as seguintes respostas: