O vindeiro luns Emilio Cao volverá a ser xulgado en Madrid. Hoxe a @absolucion_cao reclamou de novo xustiza e @xmBEIRAS amosou o seu apoio pic.twitter.com/IVESSqgJk5
— Nós Televisión (@NosTelevision) June 22, 2018
Tralo seu aprazamento pola incomparecencia de dous policías que debían testemuñar, finalmente o xuízo ao activista Emilio Cao celebrarase o vindeiro luns 25 de xuño. A Fiscalía pide unha condena de 5 anos e 8 meses de prisión para Cao trala súa participación nas Marchas da Dignidade de 2014. O mozo carballiñés considera que este caso é unha mostra máis da “falta de democracia” no Estado español.
Apoio de Xosé Manuel Beiras
Quen lle vai devolver os anos de mocidade roubados?
Máis crítico é o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, quen asegura que estamos a padecer un “Estado de excepción”, do cal se podería saír se o novo Goberno da Moncloa amosa a súa “vontade” para logralo.
A plataforma Absolución Emilio Cao volve poñer autobuses de apoio para acompañalo
Ao igual que acontecera o pasado mes de marzo, Emilio Cao non estará só en Madrid. A plataforma que pide a súa absolución pon autobuses de balde a disposición das persoas que queiran acompañar ao mozo do Carballiño.