A Xunta de Goberno do Concello de Santiago ratificou este venres o acordo acadado no último Pleno a respecto do Bonotaxi. O grupo popular presentou unha iniciativa, aprobada por unanimidade, que instaba á moficación das bases desta convocatoria de axudas individuais, para fomentar o uso do taxi como medio alternativo para as persoas com dificultades de mobilidade.
As novidades
A convocatoria deste ano introduce numerosas novidades con respecto á realizada en 2017, co primeiro obxectivo de ampliar o número de posibles persoas destinatarias. Así, este ano poderán optar ás axudas as persoas que teñan recoñecido legalmente problemas de mobilidade, as persoas con discapacidades superiores ao 33%, e as persoas maiores de 65 anos que residan no rural. Tamén mudaron algúns requisitos de acceso. Así, desaparece a obriga de ter un tempo mínimo de empadroamento en Santiago e increméntase o límite de recursos para ter accesos ás axudas, que queda fixado en 19.362,24 euros anuais.
Esta nova convocatoria, segundo indicou o grupo de Goberno, inclúe algunhas melloras acordadas coa asociación COGAMI. Asemade, este ano poderanse conceder máis axudas, xa que a convocatoria realizarase “meses antes” que a do pasado ano.