Home Programas Área Compostela Compostela, contra a liberación da #Manada

Compostela, contra a liberación da #Manada

0
Compostela, contra a liberación da #Manada

Raiba pola liberdade provisional dos violadores da Manada. Así foi a sensación vivida no serán de onte nas rúas composteláns na manifestación convocada polo movemento feminista da cidade tralas últimas informacións relativas ao mediático caso. O berro unánime e colectivo contra a impunidade machista volveu encher Compostela

“Se é machista, non é xustiza”

Milleiros de persoas participaron na mobilización contra unha “xustiza patriarcal” que posibilitará que os homes da Manada poidan saír axiña da cárcere. En Compostela, a nova multitudinaria manifestación feminista rematou, finalmente, na Praza de Praterías.