Home Programas Área Compostela Sánchez Bugallo: “O turismo de Santiago supeditouse aos intereses da Xunta”

Sánchez Bugallo: “O turismo de Santiago supeditouse aos intereses da Xunta”

0
Sánchez Bugallo: “O turismo de Santiago supeditouse aos intereses da Xunta”

A volta de Xosé Antonio Sánchez Bugallo á política activa coa súa candidatura á alcaldía de Santiago introduce novas opinións en temas como o turismo. Nunha entrevista concedida a Nós Televisión o socialista apunta que coa chegada do PP ao goberno municipal mudou a liña que a cidade tiña en relación ao turismo.

O socialista sinalou algúns dos problemas máis importantes que xera este tipo de turismo, sen esquecer unha situación tan de actualidade como é o aumento de pisos e apartamentos que empresas e particulares dedican ao visitante da cidade.

Na mesma entrevista Sánchez Bugallo salientou tamén que a súa aspiración é gobernar na cidade e non pensa en liñas vermellas á hora de pactar con outras formacións se así o demandas as circunstancias.